Celso Barbosa, novo presidente da Cámara de Comercio

Imprimir oficinaelectoral - 17-Xuño-2010 - 17:47:25 


O empresario Celso Barbosa (Ourense, 1967) foi proclamado presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense no transcurso da constitución do novo pleno que rexerá a entidade no mandato 2010-2014.

Celso Barbosa estará acompañado polo Comité Executivo, que quedou composto por Juan Carlos Parada como vicepresidente primeiro; José Pérez Seara, vicepresidente segundo; Manuel Maneiro, tesoureiro; e Luis Rivera, Antonio Villaverde e Francisco Javier Soto como vocais primeiro, segundo e terceiro, respectivamente.

No acto estivo representada por primeira vez a Xunta de Galicia a través da directora xeral de Comercio, María Nava Castro, que xunto co novo presidente tiveron palabras de recoñecemento a Ovidio Fernández Ojea polo traballo e dedicación á Cámara amosado nestes últimos catro anos.

© 2017 Cámara de Comercio e Industria de Ourense
Español   Galego