Proclamación de candidato no Grupo 6, Categoría 2ª

Imprimir oficinaelectoral - 29-Septembro-2010 - 10:40:48  

 

 Celso Barbosa, novo presidente da Cámara de Comercio

Imprimir oficinaelectoral - 17-Xuño-2010 - 17:47:25  


O empresario Celso Barbosa (Ourense, 1967) foi proclamado presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense no transcurso da constitución do novo pleno que rexerá a entidade no mandato 2010-2014.

Celso Barbosa estará acompañado polo Comité Executivo, que quedou composto por Juan Carlos Parada como vicepresidente primeiro; José Pérez Seara, vicepresidente segundo; Manuel Maneiro, tesoureiro; e Luis Rivera, Antonio Villaverde e Francisco Javier Soto como vocais primeiro, segundo e terceiro, respectivamente.

No acto estivo representada por primeira vez a Xunta de Galicia a través da directora xeral de Comercio, María Nava Castro, que xunto co novo presidente tiveron palabras de recoñecemento a Ovidio Fernández Ojea polo traballo e dedicación á Cámara amosado nestes últimos catro anos.
 

 Constitución do pleno da Cámara de Comercio

Imprimir oficinaelectoral - 16-Xuño-2010 - 14:22:20  


A Cámara de Comercio de Ourense celebrará o xoves día 17 de xuño, o pleno de constitución do novo mandato (2010-2014), no que tamén se procederá á elección do presidente e do Comité Executivo.

Á sesión, prevista para as 10.00 horas en primeira convocatoria e 10.30 horas en segunda, asistirá a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro.
 


A Xunta Electoral, reunida en sesión do 28 de maio de 2010, tras verificar os resultados correspondentes ás votacións para a elección dos representantes das organizacións empresariais, segundo a proposta da CEG, celebradas o 25 de maio, acordou declarar electos aos seguintes candidatos.

[Anuncio da proclamación]

 
© 2017 Cámara de Comercio e Industria de Ourense
Español   Galego